Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Competencias básicas

Competencia básica 11 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito campo.

Competencia básica 12 (CB12)
Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso sustancial de investigación ou creación.

Competencia básica 13 (CB13)
Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

Competencia básica 14 (CB14)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

Competencia básica 15 (CB15)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

Competencia básica 16 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Competencia básica 17 (CB17)
Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme ao artigo 12 da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoranda ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, así como a capacitación adquirida en senllas disciplinas en formato de microcredenciales ou similar.

 

Capacidades e destrezas

Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica

Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas claves que hai que respostar para resolver un problema complexo.

Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrentarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.

 

Competencias xerais

Competencia xeral 1 (CG1)
Capacidade para comprender o valor e os límites do método científico, capacidade de razoamento crítico e autocrítico, capacidade de análise e de síntese.

Competencia xeral 2 (CG2)
Desenvolver un compromiso ético e normativas legais con responsabilidade social e integridade científica.

Competencia xeral 3 (CG3)
Capacidade para identificar problemas de saúde na sociedade actual e futura.

Competencia xeral 4 (CG4)
Elaborar un traballo de investigación académica co propósito de avanzar nalgunha das liñas de investigación do programa.

 

Competencias específicas

Competencia específica 1 (CE1)
Aplicar metodoloxías e estratexias de investigación concretos en ciencias da saúde.

Competencia específica 2 (CE2)
Coñecer e comprender as distintas partes da elaboración dunha publicación de carácter científico en Ciencias da Saúde.

Competencia específica 3 (CE3)
Ser capaz de divulgar a propia investigación en soportes (revistas, libros, congresos) a nivel nacional e ou internacional.

Competencia específica 4 (CE4)
Coñecer e aplicar ferramentas adecuadas a ciencias da saúde adecuándoas ás características do estudo para realizar.

 

Competencias transversais

Competencia Transversal 1 (CT1)
Capacidade de organización e planificación.

Competencia Transversal 3 (CT2)
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.

Competencia Transversal 3 (CT3)
Capacidade para presentar e defender traballos científicos en español e en inglés.

Competencia Transversal 4 (CT4)
Capacidade de autoavaliación e recoñecemento da necesidade da mellora persoal continua.