Perfil de ingreso
O perfil de ingreso recomendado para a admisión no Programa de Doutoramento corresponde a alumnado que realizase un Título de Grao oficial español na rama de Ciencias da Saúde e que acrediten:
- Estudos de mestrado oficial
- Superar dous anos de formación sanitaria para a obtención dun título oficial nalgunha especialidade en Ciencias da Saúde
No caso de alumnado procedente doutros mestrados ou outros títulos tanto nacionais como estranxeiros, a CAPD comprobará en cada caso que o respectivo título ofrece unha formación equiparable, no ámbito do Programa de Doutoramento.
De non ser así, considerarase que o perfil non é apropiado para ingresar no programa de doutoramento.
Admisión nos estudos de doutoramento
A Comisión Académica do Doutoramento, realizará unha valoración dos estudos previos dos alumnos para comprobar que estes son válidos para a admisión no doutoramento. Admitirase aos alumnos que presenten o perfil de ingreso recomendado.
No caso de alumnos procedentes doutros mestrados ou outros títulos tanto nacionais como estranxeiros, a CAPD comprobará en cada caso que o respectivo título ofrece unha formación equiparable, no ámbito do programa de doutoramento, á dalgún dos mestrados recomendados. Se o título presentado por algún alumno non ofrece unha formación equiparable, non se admitirá no programa.
Procedemento de admisión
- Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso e admisión, poderán solicitar a admisión ao programa de doutoramento, para o que a universidade establecerá un prazo de preinscrición.
- Finalizado este prazo, a Comisión Académica realizará a proposta de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista de agarda, de acordo cos criterios de selección establecidos. A proposta considerarase como relación provisional de admitidos e farase pública.
- Os aspirantes non admitidos poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na correspondente convocatoria de matrícula. Transcorrido o prazo de reclamacións e resoltas estas, remitirase a relación de alumnos admitidos ao órgano de xestión de alumnos correspondente, a efectos de poder formalizar a súa matrícula no prazo que se sinale. De non formalizar a súa matrícula, o solicitante decaerá nos seus dereitos.
- No caso de que haxa máis solicitantes que prazas e sexa necesario facer unha selección, para iso realizarase unha valoración dos CV dos solicitantes que permita priorizar as solicitudes, tendo en conta os seguintes criterios e a súa ponderación:
- Nota do expediente académico de grao/licenciatura (50%)
- Nota do expediente académico do mestrado/DEA (30%)
- Experiencia investigadora acreditada mediante publicacións en revistas do JCR (20%)