O programa de doutoramento conta con mecanismos e procedementos que aseguren a participación en programas de mobilidade
A CAPD preocúpase pola mobilidade do estudantado do doutoramento. As súas actividades relacionadas coa mobilidade xestionaranse en colaboración cos órganos da Universidade de Vigo que coordinan, de forma centralizada, os programas institucionais de mobilidade e as estadías de investigación.
Neste sentido, existen mecanismos para a xestión da mobilidade tanto en de ámbito nacional como internacional, que se desenvolven segundo programas cuxas características e requisitos son públicos e están dispoñibles de forma centralizada, xestionados pola vicerreitoría con competencias en relacións internacionais, en coordinación coa vicerreitoría con competencias en investigación e a dirección da Eido.
Máis información
Programas de mobilidade internacional
Axudas de mobilidade para estudantes de doutoramento do Plan de axudas á investigación